Buscar este blog

lunes, 9 de septiembre de 2024

Avaliación inicial

 Tras enumerar o material que necesitamos neste recen estreado curso e especificar a maneira de puntuar ... Imos a facer unha serie de probas para ir quentando motores. 

1) Debuxa as seguintes formas "xeométricas" a man alzada.

- Círculo.

- Cadrado.

- Rectángulo.

- Triángulo equilátero.

- Triángulo rectángulo.

- Hexágono.

2) Transforma tres das formas anteriores noutra cousa. 

Exemplo o círculo pode ser unha lupa, o cadrado un cubo de xeo, etc

3) Describe o seguinte cadro de Urbano Lugrís.

4) Coñecías a Urbano Lugrís, foi un pintor galego, nado na Coruña a principios do século XX. O seu pai era escritor e político, un dos fundadores da Real Academia Galega e a súa nai pianista. A súa obra é un exemplo claro do estilo surrealista galego.

Coñeces algún outro pintor/a galego? Cita algún outro pintor/a, escultor/a, fotógrafo/a, cineasta, arquitecto, ... que coñezas.

5) Debuxa os seguintes elementos de uso cotiá:

- un prato fondo, unha cunca, unha culler, un garfo, unha botella. 

- EXTRA. Fai un debuxo único onde representes todos eses elementos enriba dunha mesa. 

miércoles, 4 de enero de 2023

Zapatos

 Cando comecei a dar clase de plástica en secundaria, creei unha tarefa para 1º ESO que consistía en deseñar un zapato. A verdade é que o resultado foi moi satisfactorio. Pena non teña arquivo fotográfico das propostas do alumnado. Lembro que ata se fixera unha exposición dos traballos na biblioteca do 

IES Nº : 1 da Estrada. O caso é que dita tarefa encaixa como unha luva nesta cuarta unidade da materia. Agardo vos guste. 

Pasos:

1) Deseña un zapato, é dicir debuxa  varias posibilidades nun papel en branco. A orixinalidade é importante, para que se ter unha boa idea podes intentar representar algo no zapato, un animal, un obxecto, unha parte do corpo, etc. Posteriormente podes adaptar unha mesma idea a diferentes tipos de zapatos, unha bota, un zapato deportivo, etc. Fotografía o resultado.



2) Posteriormente tes que facer unha modelo do teu deseño en volume empregando plastilina. Non esquezas a foto do traballo.


3) Cando remates, tes que empregar o modelo anterior para debuxar as 6 vistas diédricas do zapato. 
É dicir, como se ve dende os dous lados, de fronte, de costas, dende arriba e dende abaixo. Cada un destes debuxos irá na cara correspondente da caixa que podería conter o zapato. Cun debuxo aclaramos todo. 

Desenrolo en plano da caixa.