Buscar este blog

viernes, 5 de enero de 2018

Comunicación visual.

Primeiro de todo, que é a comunicación?

Que características ten a comunicación visual?

1) Elementos.

Emisor, crea a imaxe ( foto, debuxo, deseño, pintura...)

Mensaxe, información ou contido que transmiten a imaxe.

Receptor, o espectador que ve a imaxe e a interpreta.

Canle, soporte (pantalla, papel, lenzo).

Código, conxunto de significantes e significados relacionados que nos permitan entender a mensaxe.

Exercicio:

No seguinte esquema identifica cada un dos elementos do acto comunicativo.



2) Nivel de iconicidade.

É o grao de similitude ou semellanza da imaxe coa realidade ( tendo en conta a súa cor, forma, proporcións, área, ...)

Podemos clasificar as imaxes, tendo en conta o seu grao de iconicidade, do seguinte xeito:

- Imaxe realista. As cores, formas, proporcións da representación e a imaxe son moi similares. Ex: unha fotografía a cor.

- Imaxe simbólica. Interpretamos o que se representa na imaxe pero existen diferencias importantes en canto a utilización de cores, proporcións das formas... Ex: unha caricatura.

- Imaxe abstracta. O espectador non é capaz de referenciar a representación a un referente concreto da realidade. Ex: estampado xeométrico dun mantel.

Exercicio:

1) Clasifica as seguintes imaxes en realistas, simbólicas ou abstractas.

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

2) Realiza a partir da seguinte fotografía unha representación realista, simbólica e abstracta da mesma.

Fotografía de Chema Madoz.

3) Símbolos e iconos.

Un icono garda sempre algunha similitude có elemento que representa. Ex: cámara de vixilancia.

Un símbolo é unha convención cultural mediante a cal lle otorgamos un significado concreto a unha imaxe. Ex: cruz verde para indicar que hai unha farmacia.

Exercicio.

1) Clasifica as seguintes imaxes en símbolos ou iconos.

1 2 3 4 5 6

2) Deseña un símbolo e un icono para indicar nun centro educativo onde está a clase da túa materia favorita.

Exemplo de iconos.

Exemplo de símbolos para a materia de bioloxía.

Outro exemplo de símbolos con formas máis abstractas.

4) Funcións da linguaxe visual.

Informativa.

Son imaxes que transmiten datos relevantes sobre a señalización de lugares, por exemplo a saída dun edificio, un paso de peatóns ... Tamén nos poden informar sobre as normas nun determida área, por exemplo as sinais de tráfico. Incluso a pertenza a un determinado colectivo como pode ser no caso dun logotipo dunha empresa ou institución.

Descriptiva.

Son imaxes onde se indican e se analizan elementos importantes do que aparece representado na imaxe. Ex: un debuxo anatómico ou un plano arquitectónico.

Exhortativa.

Neste grupo se clasifican principalmente as imaxes publicitarias. Onde se intenta convencer ao espectador de que consuma un determinado producto ou servicio.

Expresiva.

A principal finalidade deste tipo de imaxes é transmitir sentimentos e emocións. Ex: un cadro.

Decorativa.

Neste caso a súa principal función e crear unha determinada estética. Ex: un determinado estampado nunha prenda de roupa.

Exercicio: 


Crea unha imaxe que cumpla unha das funcións citadas anteriormente . Posteriormente poremos en común as imaxes e os teus compañeiros terán que ser capaces de deducir a súa finalidade.

Deseña unha imaxe para poñer na porta da vosa aula para indicar que clase é.

Ex.