Hai un erro nesta Imaxe, descubre cal é?
O contorno é a liña que delimita a parte do espazo que pertence o elemento que debuxamos e o exterior.
O dintorno, é a representación da parte interna do elemento representado. Contén todas as súas características de textura, cor, detalles interiores ....
A silueta é a superficie que ocupa o elemento representado, con iguais características de forma, pero carece de detalles interiores.
Exercicio:
1) Debuxa o contorno do teu xoguete favorito. Por exemplo: o cubo de Rubik.
2) Debuxa a silueta de algo que che gustaría moito compar ou saber utilizar. Por exemplo: unha guitarra.
3) Debuxa o dintorno dun elemento básico na túa vida. Por exemplo: unha botella de auga.