Buscar este blog

jueves, 31 de mayo de 2018

Debuxo do natural. Encaixe e proporción.

Cando debuxamos directamente do natural é moi importante simplificar os elementos que imos a debuxar. Para iso empregamos liñas de encaixe, estas serven para determinar as proporcións das partes que forman parte da nosa obra e as posicións das mesmas dentro da composición final.

Pasos para encaixar ben un debuxo do natural.

Vídeo.


martes, 22 de mayo de 2018

Tarefa da tira cómica.

Lembra que na tarefa da tira cómica, tes que crear as seguintes viñetas:


  1. Un plano xeral.
  2. Unha viñeta coa técnica de claroescuro.
  3. Outra coa técnica da acuarela e cera.
  4. Noutra empregar o collage.
  5. Facer unha viñeta debuxando exclusivamente o contorno.
  6. Debuxar soamente a silueta.
  7. Plano americano con liñas cinéticas.
  8. Plano medio con un globo de diálogo.
  9. Plano enteiro cun globo de falar susurrando.
  10. Primeiro plano.
  11. Plano detalle con globo de pensamento.
  12. Plano detalle cunha onomatopeia.
Exemplos:



Análise descritivo dunha imaxe.

Analiza as seguintes imaxes empregando o seguinte guión:

As Pitas. Carmen Babiano
A derradeira lección do mestre. Castelao.


  •  O autor deste cadro/fotografía... é 
  • As medidas da obra son ...
  • A técnica empregada é ...
  • O ano de realización ...
  • É un exemplo do movemento artístico/ escola/ estilo ...
  •  O que  aparece representado na imaxe é ...
  • As cores predominantes son ... , as que contrastan son ... , pola contra harmonizan ... 
  • A forma compositiva da imaxe é ( cadrado cuxos vértices son ..., triángulo cuxos vértices ou lados coinciden, unha cruz cuxo centro é ... e os seus lados coinciden con ... )
  •  Os sentimentos e emocións que a dita obra me fai sentir son ...

jueves, 17 de mayo de 2018

A composición.

A composición nunha obra plástica ven definida pola forma que temos de colocar os elementos que compoñen dita obra, sexa esta unha fotografía, pintura, debuxo, collage, maqueta, escultura, etc

ex 1.

Exercicio:

Debuxa tres círculos, tres triángulos e 3 cuadriláteros.
Aplica cor a parte interior de ditas formas e recorta o seu contorno.

En grupos de 3 ordenade as pezas seguindo os seguintes criterios:

1) Por semellanza entre as cores.
2) Por semellanza entre as formas.
3) Por semellanza de tamaños.
4) Crea unha composición en forma de cruz.
5) Crea unha composición triangular.
6) Crea unha composición en forma de circunferencia.
7) Crea uha composición simétrica.
8) Crea unha composición similar as seguintes: 1, 2, 3.