1º) Define mediatriz e traza con axuda do compás unha mediatriz dun segmento de 5 cm de lonxitude. Define bisectriz e traza con axuda do compás unha bisectriz dun ángulo de 75º ( o ángulo debe ser trazado empregando escuadra e cartabón.
2º) Elabora un círculo cromático dividindo unha circunferencia de 4 cm de radio en 6 partes iguais e empregando como cores básicos (vermello maxenta, azul cian e amarelo cadmio).
3º) Utiliza unha iluminación lateral para dar sensación de volume en claroscuro ao seguinte debuxo. É necesario que esquematices o foco de luz, a penumbra, a sombra propia, sompra proxectada e zona iluminada.
4º) Creación de ritmos. A partir do seguinte signo crea tres versións do mesmo empregando respectivamente puntos, liñas e planos. Realiza con cada unha das versións un ritmo diferente. (ex: crecente, homoxéneo, radial, …)
__________________________________________________________________________
1. Define os seguintes conceptos.
- Representación.
- Representación figurativa.
a) Realista.
b) Simbólica.
- Representación abstracta.
2. Clasifica as seguintes imaxes segundo o tipo de representación á que fan referencia.
3. Debuxa unha versión figurativa e abstracta da imaxe fotográfica presentada a continuación.
4. Deseña o interior dunha habitación partindo do seguinte fotograma como guía.
____________________________________________________________________________
1)
Nomea as principais funcións das imaxes visuais
e deseña un signo para sinalar a presenza dunha área recreativa.
2)
Completa as seguintes frases:
- O maxenta é a cor complementario do ------------------
- O verde é a cor
complementaria do ----------------
- O amarelo é a cor complementaria do --------------
- Os cores complementarios estan ubicados
--------------------------------------- no círculo cromático.
- Fai un esquema un círculo cromático de seis cores.
3) Fai tres
versións empregando na primeira contorno, na segunda dintorno e na terceira silueta
dunha botella.
__________________________________________________________________________
Constrúe un
cadrado.
1)
Debuxa
un segmento de 4 cm.
A continuación
traza dous ángulos rectos (escuadra ou cartabón) empregando como vértices os
extremos do segmento.
Remata o
polígono e une os vértices opostos creando dúas diagonais.
Constrúe un
triángulo.
Debuxa un
segmento de 4 cm.
A continuación
traza dous ángulos de 60º ( cartabón) empregando como vértices os extremos do
segmento.
Remata o
polígono.
2)
Círculo
cromático.
Debuxa unha circunferencia de 5 cm de radio e divídea en 6
partes empregando ángulos de 60 grados.
Numera as seis
divisións da circunferencia do 1 ao 6.
Nas divisións impares
deben estar coloreadas cás cores primarias.
As divisións
pares coas secundarias formadas pola mistura a partes iguais das cores que
estan ao seu lado dereirto e esquerdo,
3)
Punto,
liña e plano.
Fai tres versións dos seguinte debuxo empregando nunha versión
soamente liñas, noutra soamente puntos e na terceira soamente planos.
____________________________________________________________________________
Un 20% da nota de
cada exercicio depende da presentación e claridade no trazo.
A partir da seguinte imaxe crea versións da mesma que cumpran os
parámetros (indicacións) citados a continuación:
Imaxe:
1)
Emprega soamente liñas.
|
|
2)
Indica con cor azul o seu contorno.
|
|
3)
Crea unha versión simbólica da imaxe.
|
|
4)
Debuxa dúas siluetas que representen a imaxe.
|
|
5)
Versión en claroescuro(de-
gradado).
|
|
6)
Versión con cores complementarios
(alonxados no círculo cromático).
|
|
7)
Versión con cores próximos no círculo cromático.
|
8)
Versión empregando cores cun nivel de luminosidade
alto.
|
|
9)
Indica empregando cor vermella as cores que vexas
na imaxe.
|
|
10)
Crea unha versión abstracta da imaxe.
|
_________________________________________________________________________________
Un 20% da nota de cada exercicio depende da presentación,
claridade na resolución e ortografía.
1)
Debuxa o contorno da seguite imaxe. (10
minutos). 2 puntos.
2)
Define silueta e dintorno. (10 minutos). 2
puntos.
A silueta é
O dintorno é
3)
Debuxa unha viñeta na que empregues un plano
americano, un globo de pensamento e liñas cinéticas. (15 minutos). 3 puntos.
4)
Sombrea empregando a técnica do claroescuro unha
circunferencia de 7 cm de diámetro. Definindo mediante flechas as seguintes
zonas (penumbra, zona iluminada, sombra proxectada , sombra propia e o foco).
(15 minutos).3 puntos.