Cando comecei a dar clase de plástica en secundaria, creei unha tarefa para 1º ESO que consistía en deseñar un zapato. A verdade é que o resultado foi moi satisfactorio. Pena non teña arquivo fotográfico das propostas do alumnado. Lembro que ata se fixera unha exposición dos traballos na biblioteca do
IES Nº : 1 da Estrada. O caso é que dita tarefa encaixa como unha luva nesta cuarta unidade da materia. Agardo vos guste.
Pasos:
1) Deseña un zapato, é dicir debuxa varias posibilidades nun papel en branco. A orixinalidade é importante, para que se ter unha boa idea podes intentar representar algo no zapato, un animal, un obxecto, unha parte do corpo, etc. Posteriormente podes adaptar unha mesma idea a diferentes tipos de zapatos, unha bota, un zapato deportivo, etc. Fotografía o resultado.