Buscar este blog

jueves, 14 de diciembre de 2017

Elementos básicos da linguaxe visual

Punto.

Definición.

É o elementos máis simple da expresión plástica, dende o punto de vista xeométrico defínese o elememto común de dúas liñas que se cortan.

Características.

Tamaño. 1 2
Forma.
Textura. Exemplo, textura rotulador 1. Textura de grafito 2
Cor. 1
Posición.

Capacidade expresiva.

Orde.
Diversidade.
Soidade.
Volume.
Profundidade.
Desequilibrio.
...

Exercicios:

1) Debuxa algo empregando soamente puntos. Exemplo.
2) Debuxa soamente os puntos que vexas na seguinte imaxe.




Liña.

Definición.


Pode definirse como traxecto que describe un punto ao moverse, dende o punto de vista xeométrico defínese o elememto común de dous planos que se cortan.

Características.

Lonxitude.
Grosor
Forma. Ex: quebrada, discontinua, mixta, recta, curva ...
Textura. Exemplo, textura rotulador 1. textura de bolígrafo 2
Cor.
Posición.Ex: horizontal, vertical, diagonal.

Capacidade expresiva. Outro exemplo.

Dispersión.
Calma.
Caos.
Concentración.
Profundidade.
Ledicia.
...

Exercicios:

1) Debuxa algo empregando soamente liñas. Exemplo.
2) Debuxa soamente as liñas que vexas na seguinte imaxe.

Debuxo sen levantar o lapis do papel.
1


Debuxo a liña para crear un efecto óptico.

Sombreado. Debuxo a línea.

Plano.

Definición.

Pode definirse como o traxecto que describe unha liña ao moverse. Xeométricamente se define como a superficie que concretan dúas rectas secantes ou tres puntos non alineados.


Características.

Área ou dimensións.
Forma. Orgánica ou xeométrica.
Textura. Exemplo, textura de ceras. textura de pintura acrílica.
Cor.
Posición.

Capacidade expresiva.

- Exceso.
- Dinamismo.
- Carencia.
- Lixereza.
- Pesadez.
- Perspectiva.

Exercicios:

1) Debuxa algo empregando soamente planos. Exemplo.
2) Debuxa soamente os planos que vexas na seguinte imaxe.



jueves, 26 de octubre de 2017

jueves, 28 de septiembre de 2017

Aplicación práctica das perpendiculares e paralelas ao debuxo artístico.

A partir dun debuxo proporcionado do rostro dunha persoa. Modifica como no exemplo a distancia entre as liñas e polo tanto as proporcións dos elementos do rostro creando caricaturas como no exemplo.

Exemplos de rostros.

domingo, 17 de septiembre de 2017

Curso 2017/2018. Exercicio de presentación.

A imaxe coa que máis me identifico é ...

A tarefa de presentación é ben sinxela. A cada alumno se lle presentaran un par de debuxos que terá que describir brevemente e posteriormente escoller có que máis se identifique. Terá que argumentar dita elección.

Ilustracións.

1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
13.
14.
15.
16.
17.
18.
19.
20.

Cal é a conclusión do exercicio?

martes, 11 de abril de 2017

Punto, liña e plano.



Exercicio 1.

Debuxa 5 puntos diferentes e describeos.
Debuxa 5 liñas diferentes e describeas.
Debuxa 5 planos diferentes e decribeos.

Exercicio 2.

A partir da seguinte imaxe colle tres papeis transparentes (papel vexetal).
- Nun dos papeis debuxa todos os puntos que vexas.
- Noutro todas as liñas.
- No último todos os planos.



Outra imaxe.

Elementos visuais e principios. Interactivo.

Esquemas.

A partir deste debuxo crea unha representación unicamente con planos.



A partir deste debuxo crea unha representación empregando unicamente liñas.
Debuxo.

Imos a practicar cós tres elementos básicos, punto, liña e plano. Realiza debuxos que empregando soamente o elementos indicado expresen o seguinte:

Con puntos tes que conseguir:
- Concentración.
- Dispersión.
- Profundidade.
- Diversidade.
- Dinamismo.
- Inmensidade.

Con liñas:
- Repouso.
- Caos.
- Volume.
- Homoxeneidade.
- Angustia.

Con planos:
- Profundidade.
- Regularidade.
- Superposición.
- Unión.
- Distanciamento.
- Lixereza.

Debuxos feitos con unha soa liña, se levantar o lapis do papel.
Enlace.


martes, 14 de marzo de 2017

Tira cómica.

Resume algunha das seguintes historias nunha tira cómica.

Na tira cómica ten que aparecer un exemplo de cada un dos planos vistos na clase.
Ao visualizar o relato temos que comprender o que sucede.
Ten que aparecer un exemplo das seguintes técnicas plásticas:

- Debuxo a liña (coche).
- Sombreado (elefante).
- Lápices acuarelables.
- Pintura acrílica.
- Rotulador.

Tipos de plano.

1) Primeiro plano. Na imaxe aparece o rostro da personaxe.
2) Plano medio. A personaxe aparece representada de cintura cara arriba.
3) Plano americano. A personaxe visualízase dende os xeonllos á cabeza.
4) Plano enteiro. Na imaxe vese a personaxe de corpo enteiro.
5) Plano xeral. Neste tipo de plano aparece representado o lugar onde transcorre a acción.
6) Gran plano xeral. Visualizamos o lugar onde transcorre a acción pero dende máis lonxe.
7) Plano detalle. Na imaxe aparece representado un elemento visto dende moi preto.

 







http://image.liekr.com/bloguploads/20160301/14568013095721.jpg











martes, 28 de febrero de 2017

Técnicas pictóricas. O acrílico.

Exercicio.
Intenta reproducir o seguinte cadro do surrealista Joan Miró empregando os cores acrílicos que hai enriba da mesa (para compartir) e un pincel. Como soporte podes usar un papel tamaño A-4 ou preferentemente unha lámina de máis gramaxe.


miércoles, 15 de febrero de 2017

Sombreado.

A. Zona iluminada. Non se sombrea.
B. Penumbra. Gris claro. HB.
C. Sombra propia. Gris escuro. 2B.
D. Sombra proxectada. Gris moi escuro. 4B.