Na tira cómica ten que aparecer un exemplo de cada un dos planos vistos na clase.
Ao visualizar o relato temos que comprender o que sucede.
Ten que aparecer un exemplo das seguintes técnicas plásticas:
- Debuxo a liña (coche).
- Sombreado (elefante).
- Lápices acuarelables.
- Pintura acrílica.
- Rotulador.
Tipos de plano.
1) Primeiro plano. Na imaxe aparece o rostro da personaxe.
2) Plano medio. A personaxe aparece representada de cintura cara arriba.
3) Plano americano. A personaxe visualízase dende os xeonllos á cabeza.
4) Plano enteiro. Na imaxe vese a personaxe de corpo enteiro.
5) Plano xeral. Neste tipo de plano aparece representado o lugar onde transcorre a acción.
6) Gran plano xeral. Visualizamos o lugar onde transcorre a acción pero dende máis lonxe.
7) Plano detalle. Na imaxe aparece representado un elemento visto dende moi preto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario