Buscar este blog

lunes, 17 de septiembre de 2018

Criterios de cualificación.

Criterios de cualificación

Actitudes
20%
10% Traer o material de traballo a clase de forma habitual.
10% Facer as tarefas propostas na clase, sen postergalas para facer na casa.
Conceptos e procedementos
 80%
40 % Exercicios de aula. (nota aclaratoria *)
40% Probas gráfico-plásticas.
Criterios de cualificación. 1º ESO

* O feito de non entregar os exercicios de aula na data prefixada para o grupo, terá como consecuencia que a dito alumno/a teña que realizar unha proba para avaliar a maiores. Dita proba se puntuará có porcentaxe correspondente ao traballo que deixou de entregar. Os contidos de dita proba terán relación directa có exercicio de aula que o alumno non teña puntuado.


Setembro

Para preparar a proba de setembro o alumnado levará un material facilitado polo profesor/a para obter os coñecementos e destrezas necesarias para superar dita proba. Este material adicional poderá ser empregado polo alumno durante o transcurso da mesma. A nota de setembro será a nota do exame que se realice ese día. O redondeo non dependerá do número enteiro máis próximo, se non da calidade do exercicios feitos polo alumno durante o verán.

Escala do grao mínimo de consecución dos exercicios de aula.

30%-
Traballo feito sen lograr os obxectivos principais do mesmo.
40%-
Traballo feito de xeito incompleto ou sen lograr algún dos obxectivos principais do mesmo.
50% - 60%
Traballo feito de xeito correcto.
60%- 70%
Traballo feito satisfactoriamente.
80%-
Traballo destacable.
90%-100%
Traballo sobresaínte.

É moi importante que ao alumno se lle informe con regularidade da súa evolución.

Material.

·         Carpeta ou arquivador onde gardar o material.
·         Escuadra, cartabón, transportador de ángulos e regra.
·         Compás.
·         Goma, tesoiras e pegamento.
·         Lápices acuarelables, lapis 2B e HB.
·         Caderno A-5 e folios A-4 ou block de debuxo.
·         Material infográfico e fotocopias.


Durante o curso pode ser necesario adquirir algún tipo de material adicional.

martes, 4 de septiembre de 2018

Descripción dunha imaxe.

É un exercicio para facer en parellas.

DURACIÓN:

Unha sesión de 50 minutos.

MATERIAL:

Cada alumno/a necesita:
Un debuxo que soamente pode visualizar dito alumno.
Un papel tamaño A-4 ou A-5.
Algo có que debuxar, a gusto do alumno. Ex: rotulador, lapis, bolígrafo ...


PASOS:

- A cada parella de alumnos se lle asigna unha letra alumno A e alumno B. 5 minutos.
- Comeza describindo a súa imaxe o alumno A namentres B debuxa. A duración deste paso é de aproximadamente 10 a 15  minutos.
- O alumno B ten que modificar de xeito libre algo no resultado final do debuxo. Posteriormente debe describirllo ao seu compañeiro para que este o engada a ilustración inicial. 10 minutos.
- Finalmente comparamos ambos traballos e escribimos unha pequeno texto (individualmente) onde analizamos a similitudes e diferencias entre os dous debuxos. 20 minutos.

Variante:

- Sería interesante repetir o mesmo exercicio outro día variando os roles dous alumnos.
- Se algunha das parellas remata moi rápido o exercicio pode comezar realizar dita variante.