Buscar este blog

lunes, 17 de septiembre de 2018

Criterios de cualificación.

Criterios de cualificación

Actitudes
20%
10% Traer o material de traballo a clase de forma habitual.
10% Facer as tarefas propostas na clase, sen postergalas para facer na casa.
Conceptos e procedementos
 80%
40 % Exercicios de aula. (nota aclaratoria *)
40% Probas gráfico-plásticas.
Criterios de cualificación. 1º ESO

* O feito de non entregar os exercicios de aula na data prefixada para o grupo, terá como consecuencia que a dito alumno/a teña que realizar unha proba para avaliar a maiores. Dita proba se puntuará có porcentaxe correspondente ao traballo que deixou de entregar. Os contidos de dita proba terán relación directa có exercicio de aula que o alumno non teña puntuado.


Setembro

Para preparar a proba de setembro o alumnado levará un material facilitado polo profesor/a para obter os coñecementos e destrezas necesarias para superar dita proba. Este material adicional poderá ser empregado polo alumno durante o transcurso da mesma. A nota de setembro será a nota do exame que se realice ese día. O redondeo non dependerá do número enteiro máis próximo, se non da calidade do exercicios feitos polo alumno durante o verán.

Escala do grao mínimo de consecución dos exercicios de aula.

30%-
Traballo feito sen lograr os obxectivos principais do mesmo.
40%-
Traballo feito de xeito incompleto ou sen lograr algún dos obxectivos principais do mesmo.
50% - 60%
Traballo feito de xeito correcto.
60%- 70%
Traballo feito satisfactoriamente.
80%-
Traballo destacable.
90%-100%
Traballo sobresaínte.

É moi importante que ao alumno se lle informe con regularidade da súa evolución.

Material.

·         Carpeta ou arquivador onde gardar o material.
·         Escuadra, cartabón, transportador de ángulos e regra.
·         Compás.
·         Goma, tesoiras e pegamento.
·         Lápices acuarelables, lapis 2B e HB.
·         Caderno A-5 e folios A-4 ou block de debuxo.
·         Material infográfico e fotocopias.


Durante o curso pode ser necesario adquirir algún tipo de material adicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario