Buscar este blog

lunes, 15 de octubre de 2018

Mediatriz.

A mediatriz dun segmento 
é o conxunto de puntos que estan á mesma distancia do principo e o final de dito segmento.

PASOS:

1. Debuxar un segmento. As veces esto xa aparece debuxado.

2. Nomear o punto inicial e o final. Os puntos se nomean con letras maiúsculas.

3. Coller o compás e abrilo unha medida maior da metade do segmento.

4. Facer centro no punto inicial e facer unha semicircunferencia que comece na parte superior e remate na inferior.

5. Repetir o proceso facendo centro no punto final.

6. Os dous arcos coinciden en dous puntos, ditos puntos entan a mesma distancia dos extremos.

7. Unindo esos dous puntos debuxaremos unha recta denominada MEDIATRIZ.




A mediatriz pasa polo punto medio do segmento e é perpendicular a dito segmento.


EXERCICIO PRÁCTICO :

Se quero colocar unha parada de bus a mesma distancia da ponte romana de Pontevea, a ponte colgante do Xirimbao e ponte Gundián. Podes indicarme de xeito gráfico onde tería que colacar dita parada.


Material adicional para o IES Aller Ulloa.
- Fonte dos cabalos en Lalín.
Fonte dos cabalos en Santiago.
Debuxa cada fonte nun extremo dun A4 e posteriormente calcula o punto medio empregando unha mediatriz.






División dun segmento en partes iguais. Teorema de Thales.


PASOS:

1. Debuxamos un segmento que mida a distancia que necesitemos dividir. Neste exemplo mide 10 cm.

2. Trazamos unha semirrecta auxiliar que comece no punto inicial do segmento que debuxamos no paso 1.

3. A partir do punto inicial da semirrecta marcaremos tantas partes iguais como en partes necesitemos dividir o noso segmento. Neste caso son 6 puntos. A distancia entre os puntos é dun centímetro.

4. Unimos o último punto marcado da semirrecta có final do segmento debuxado no paso 1.

5. Trazamos paralelas ao segmento debuxado no paso 4 polo puntos definidos na semirrecta auxiliar. Neste caso punto 5, 4, 3, 2 e 1.

6. Ditas paralelas dividen o segmento inicial en tantas partes como decidiramos no paso 3.


EXERCICIO PRÁCTICO :

Pablo vai camiñando o doble de rápido que Ana, pero os dous camiñan durante o mesmo tempo. Tes que empregar o teorema de Thales para obter o punto de encontro.