Buscar este blog

lunes, 15 de octubre de 2018

Mediatriz.

A mediatriz dun segmento 
é o conxunto de puntos que estan á mesma distancia do principo e o final de dito segmento.

PASOS:

1. Debuxar un segmento. As veces esto xa aparece debuxado.

2. Nomear o punto inicial e o final. Os puntos se nomean con letras maiúsculas.

3. Coller o compás e abrilo unha medida maior da metade do segmento.

4. Facer centro no punto inicial e facer unha semicircunferencia que comece na parte superior e remate na inferior.

5. Repetir o proceso facendo centro no punto final.

6. Os dous arcos coinciden en dous puntos, ditos puntos entan a mesma distancia dos extremos.

7. Unindo esos dous puntos debuxaremos unha recta denominada MEDIATRIZ.




A mediatriz pasa polo punto medio do segmento e é perpendicular a dito segmento.


EXERCICIO PRÁCTICO :

Se quero colocar unha parada de bus a mesma distancia da ponte romana de Pontevea, a ponte colgante do Xirimbao e ponte Gundián. Podes indicarme de xeito gráfico onde tería que colacar dita parada.


Material adicional para o IES Aller Ulloa.
- Fonte dos cabalos en Lalín.
Fonte dos cabalos en Santiago.
Debuxa cada fonte nun extremo dun A4 e posteriormente calcula o punto medio empregando unha mediatriz.






No hay comentarios:

Publicar un comentario