Buscar este blog

miércoles, 4 de enero de 2023

Zapatos

 Cando comecei a dar clase de plástica en secundaria, creei unha tarefa para 1º ESO que consistía en deseñar un zapato. A verdade é que o resultado foi moi satisfactorio. Pena non teña arquivo fotográfico das propostas do alumnado. Lembro que ata se fixera unha exposición dos traballos na biblioteca do 

IES Nº : 1 da Estrada. O caso é que dita tarefa encaixa como unha luva nesta cuarta unidade da materia. Agardo vos guste. 

Pasos:

1) Deseña un zapato, é dicir debuxa  varias posibilidades nun papel en branco. A orixinalidade é importante, para que se ter unha boa idea podes intentar representar algo no zapato, un animal, un obxecto, unha parte do corpo, etc. Posteriormente podes adaptar unha mesma idea a diferentes tipos de zapatos, unha bota, un zapato deportivo, etc. Fotografía o resultado.



2) Posteriormente tes que facer unha modelo do teu deseño en volume empregando plastilina. Non esquezas a foto do traballo.


3) Cando remates, tes que empregar o modelo anterior para debuxar as 6 vistas diédricas do zapato. 
É dicir, como se ve dende os dous lados, de fronte, de costas, dende arriba e dende abaixo. Cada un destes debuxos irá na cara correspondente da caixa que podería conter o zapato. Cun debuxo aclaramos todo. 

Desenrolo en plano da caixa. 







miércoles, 29 de julio de 2020

Exames.

_________________________________________________________________________

1º) Define mediatriz e traza con axuda do compás unha mediatriz dun segmento de 5 cm de lonxitude. Define bisectriz e traza con axuda do compás unha bisectriz dun ángulo de 75º ( o ángulo debe ser trazado empregando escuadra e cartabón.

2º) Elabora un círculo cromático dividindo unha circunferencia de 4 cm de radio en 6 partes iguais e empregando como cores básicos (vermello maxenta, azul cian e amarelo cadmio).

3º) Utiliza unha iluminación lateral para dar sensación de volume en claroscuro ao seguinte debuxo. É necesario que esquematices o foco de luz, a penumbra, a sombra propia, sompra proxectada e zona iluminada.

4º) Creación de ritmos. A partir do seguinte signo crea tres versións do mesmo empregando respectivamente puntos, liñas e planos. Realiza con cada unha das versións un ritmo diferente. (ex: crecente, homoxéneo, radial, …)

__________________________________________________________________________


1. Define os seguintes conceptos.
- Representación.
- Representación figurativa.
a) Realista.
b) Simbólica.
- Representación abstracta.

2. Clasifica as seguintes imaxes segundo o tipo de representación á que fan referencia.

3. Debuxa unha versión figurativa e abstracta da imaxe fotográfica presentada a continuación.

4. Deseña o interior dunha habitación partindo do seguinte fotograma como guía.

____________________________________________________________________________


1)                 Nomea as principais funcións das imaxes visuais e deseña un signo para sinalar a presenza dunha área recreativa.
2)                 Completa as seguintes frases:
- O maxenta é a cor complementario do ------------------
- O verde é  a cor complementaria do ----------------
- O amarelo é a cor complementaria do --------------
- Os cores complementarios estan ubicados --------------------------------------- no círculo cromático.
- Fai un esquema un círculo cromático de seis cores.

     3) Fai tres versións empregando na primeira contorno, na segunda dintorno e na terceira silueta dunha botella.
__________________________________________________________________________

            Constrúe un cadrado.
1)                 Debuxa un segmento de 4 cm.
            A continuación traza dous ángulos rectos (escuadra ou cartabón) empregando como vértices os extremos do segmento.
            Remata o polígono e une os vértices opostos creando dúas diagonais.

            Constrúe un triángulo.

            Debuxa un segmento de 4 cm.
            A continuación traza dous ángulos de 60º ( cartabón) empregando como vértices os extremos do segmento.
            Remata o polígono.


2)                 Círculo cromático.
            Debuxa unha circunferencia de 5 cm de radio e divídea en 6 partes empregando ángulos de 60 grados.
            Numera as seis divisións da circunferencia do 1 ao 6.
            Nas divisións impares deben estar coloreadas cás cores primarias.
            As divisións pares coas secundarias formadas pola mistura a partes iguais das cores que estan ao seu lado dereirto e esquerdo,


3)                 Punto, liña e plano.
Fai tres versións dos seguinte debuxo empregando nunha versión soamente liñas, noutra soamente puntos e na terceira soamente planos.
____________________________________________________________________________


Un 20% da nota de cada exercicio depende da presentación e claridade no trazo.
A partir da seguinte imaxe crea versións da mesma que cumpran os parámetros (indicacións) citados a continuación:
Imaxe:

1)      Emprega soamente liñas.











2)      Indica con cor azul o seu contorno.

3)      Crea unha versión simbólica da imaxe.






4)      Debuxa dúas siluetas que representen a imaxe.





5)      Versión en claroescuro(de-
gradado).







6)      Versión con cores complementarios
(alonxados no círculo cromático).



7)      Versión con cores próximos no círculo cromático.













8)      Versión empregando cores cun nivel de luminosidade alto.








9)      Indica empregando cor vermella as cores que vexas na imaxe.

10)   Crea unha versión abstracta da imaxe.











_________________________________________________________________________________

Un 20% da nota de cada exercicio depende da presentación, claridade na resolución e ortografía.
1)      Debuxa o contorno da seguite imaxe. (10 minutos). 2 puntos.


2)      Define silueta e dintorno. (10 minutos). 2 puntos.

A silueta é


O dintorno é

3)      Debuxa unha viñeta na que empregues un plano americano, un globo de pensamento e liñas cinéticas. (15 minutos). 3 puntos.

4)      Sombrea empregando a técnica do claroescuro unha circunferencia de 7 cm de diámetro. Definindo mediante flechas as seguintes zonas (penumbra, zona iluminada, sombra proxectada , sombra propia e o foco). (15 minutos).3 puntos.