Buscar este blog

jueves, 19 de abril de 2018

Técnicas artísticas. Técnica mixta, cera e acuarela.

Materiais:

Cera graxa ( tipo plastidecor ou manley)
Acuarelas.
Pincel.
Papel.

Consiste en facer un primeiro debuxo a cera, os resultados máis sorprendentes quedan empregando cera branca. A cera o ter graxa na súa composición actuará como "barniz protector " con propiedades impermeables que impedirá que a cor da acuarela se modifique os trazos da cera.



Exercicio:

Debuxa con cera unha versión do persoaxe ficticio que creaches coa técnica do collage, posteriormente crea un fondo abstracto ou figurativo con acuarela.

martes, 17 de abril de 2018

Técnicas artisticas. Claroscuro.

Tipos de sombras.

Exercicio:

Fai unha versión da seguinte obra feita mediante a técnica do claroscuro sustituíndo a zona iluminada por cor amarilla, a penumbra por verde, a sombra propia por azul e a proxectada por violeta.


Técnicas artísticas. Frottage.



Definición:
Técnica artística que consiste en reproducir a textura dunha superficie empregando un papel que colocamos en contacto coa mesma e un lápiz.

Exemplos.

miércoles, 11 de abril de 2018

Técnicas artistas. Colaxe. Art techniques. Collage.

Definición.

Exemplos.

Podemos clasificar os colaxes en dous tipos:

_ Cando os elementos que empregamos teñen a función de encher unha determinada superficie sen importar o seu significado. Exemplo. Os elementos recortados non teñen unha funcionalidade representativa.

_ Cando os elementos que adherimos a superficie cumpren unha función de representar. Creando así, unha nova imaxe ou obra composta dun conxunto doutras imaxes de orixe diversa, sen anular a súa función de remitir a algo concreto. Exemplo.

Exercicio:

1) En grupos de tres, tendes que formar un "zoolóxico" empregando a técnica do colaxe. Para iso tedes que recortar siluetas de diferentes animais que teredes que ubicar nun soporte.

Siluetas de animais.

2) Deseña un persnoaxe "extraterrestre" empregando a técnica do collage. Posteriormente fai unha descrición do personaxe creado. Neste exercicio é importante que os elementos que empregues non perdan a súa función representativa.

Exemplo

We can classify collages into two groups:

- In one case the meaning of the image that we use to cut and paste is not relevant. It has mainly a aesthetic function .Ex.

- In the other group, the meaning of the elements of images that we use are really significant. Ex.

Exercise:

1) Using a group of animal shapes as a resource ( 1) , cut out some shapes of your favorite animals. After that, paste them in a new paper an draw a place form them. These collages will be an example of a collage from the first group.

2) Design a "strange person" using a collage technique. Then write a description of your creation. This time  the meaning of the images are really important. Ex.


jueves, 1 de febrero de 2018

Contorno, dintorno e silueta.

Hai un erro nesta Imaxe, descubre cal é?

O contorno é a liña que delimita a parte do espazo que pertence o elemento que debuxamos e o exterior.

O dintorno, é a representación da parte interna do elemento representado. Contén todas as súas características de textura, cor, detalles interiores ....

A silueta é a superficie que ocupa o elemento representado, con iguais características de forma, pero carece de detalles interiores.

Exercicio:

1) Debuxa o contorno do teu xoguete favorito. Por exemplo: o cubo de Rubik.

2) Debuxa a silueta de algo que che gustaría moito compar ou saber utilizar. Por exemplo: unha guitarra.

3) Debuxa o dintorno dun elemento básico na túa vida. Por exemplo: unha botella de auga.

viernes, 5 de enero de 2018

Comunicación visual.

Primeiro de todo, que é a comunicación?

Que características ten a comunicación visual?

1) Elementos.

Emisor, crea a imaxe ( foto, debuxo, deseño, pintura...)

Mensaxe, información ou contido que transmiten a imaxe.

Receptor, o espectador que ve a imaxe e a interpreta.

Canle, soporte (pantalla, papel, lenzo).

Código, conxunto de significantes e significados relacionados que nos permitan entender a mensaxe.

Exercicio:

No seguinte esquema identifica cada un dos elementos do acto comunicativo.



2) Nivel de iconicidade.

É o grao de similitude ou semellanza da imaxe coa realidade ( tendo en conta a súa cor, forma, proporcións, área, ...)

Podemos clasificar as imaxes, tendo en conta o seu grao de iconicidade, do seguinte xeito:

- Imaxe realista. As cores, formas, proporcións da representación e a imaxe son moi similares. Ex: unha fotografía a cor.

- Imaxe simbólica. Interpretamos o que se representa na imaxe pero existen diferencias importantes en canto a utilización de cores, proporcións das formas... Ex: unha caricatura.

- Imaxe abstracta. O espectador non é capaz de referenciar a representación a un referente concreto da realidade. Ex: estampado xeométrico dun mantel.

Exercicio:

1) Clasifica as seguintes imaxes en realistas, simbólicas ou abstractas.

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

2) Realiza a partir da seguinte fotografía unha representación realista, simbólica e abstracta da mesma.

Fotografía de Chema Madoz.

3) Símbolos e iconos.

Un icono garda sempre algunha similitude có elemento que representa. Ex: cámara de vixilancia.

Un símbolo é unha convención cultural mediante a cal lle otorgamos un significado concreto a unha imaxe. Ex: cruz verde para indicar que hai unha farmacia.

Exercicio.

1) Clasifica as seguintes imaxes en símbolos ou iconos.

1 2 3 4 5 6

2) Deseña un símbolo e un icono para indicar nun centro educativo onde está a clase da túa materia favorita.

Exemplo de iconos.

Exemplo de símbolos para a materia de bioloxía.

Outro exemplo de símbolos con formas máis abstractas.

4) Funcións da linguaxe visual.

Informativa.

Son imaxes que transmiten datos relevantes sobre a señalización de lugares, por exemplo a saída dun edificio, un paso de peatóns ... Tamén nos poden informar sobre as normas nun determida área, por exemplo as sinais de tráfico. Incluso a pertenza a un determinado colectivo como pode ser no caso dun logotipo dunha empresa ou institución.

Descriptiva.

Son imaxes onde se indican e se analizan elementos importantes do que aparece representado na imaxe. Ex: un debuxo anatómico ou un plano arquitectónico.

Exhortativa.

Neste grupo se clasifican principalmente as imaxes publicitarias. Onde se intenta convencer ao espectador de que consuma un determinado producto ou servicio.

Expresiva.

A principal finalidade deste tipo de imaxes é transmitir sentimentos e emocións. Ex: un cadro.

Decorativa.

Neste caso a súa principal función e crear unha determinada estética. Ex: un determinado estampado nunha prenda de roupa.

Exercicio: 


Crea unha imaxe que cumpla unha das funcións citadas anteriormente . Posteriormente poremos en común as imaxes e os teus compañeiros terán que ser capaces de deducir a súa finalidade.

Deseña unha imaxe para poñer na porta da vosa aula para indicar que clase é.

Ex.