Imaxe.
Clasifica os seguintes cuadriláteros. Xustifica a resposta. Despois debuxa un exemplo de cada tipo na libreta.
Buscar este blog
lunes, 19 de noviembre de 2018
lunes, 5 de noviembre de 2018
lunes, 15 de octubre de 2018
Mediatriz.
A mediatriz dun segmento
é o conxunto de puntos que estan á mesma distancia do principo e o final de dito segmento.
PASOS:
1. Debuxar un segmento. As veces esto xa aparece debuxado.
2. Nomear o punto inicial e o final. Os puntos se nomean con letras maiúsculas.
3. Coller o compás e abrilo unha medida maior da metade do segmento.
4. Facer centro no punto inicial e facer unha semicircunferencia que comece na parte superior e remate na inferior.
5. Repetir o proceso facendo centro no punto final.
6. Os dous arcos coinciden en dous puntos, ditos puntos entan a mesma distancia dos extremos.
7. Unindo esos dous puntos debuxaremos unha recta denominada MEDIATRIZ.
A mediatriz pasa polo punto medio do segmento e é perpendicular a dito segmento.
EXERCICIO PRÁCTICO :
Se quero colocar unha parada de bus a mesma distancia da ponte romana de Pontevea, a ponte colgante do Xirimbao e ponte Gundián. Podes indicarme de xeito gráfico onde tería que colacar dita parada.

Material adicional para o IES Aller Ulloa.
- Fonte dos cabalos en Lalín.
Fonte dos cabalos en Santiago.
Debuxa cada fonte nun extremo dun A4 e posteriormente calcula o punto medio empregando unha mediatriz.
División dun segmento en partes iguais. Teorema de Thales.
PASOS:
1. Debuxamos un segmento que mida a distancia que necesitemos dividir. Neste exemplo mide 10 cm.
2. Trazamos unha semirrecta auxiliar que comece no punto inicial do segmento que debuxamos no paso 1.
3. A partir do punto inicial da semirrecta marcaremos tantas partes iguais como en partes necesitemos dividir o noso segmento. Neste caso son 6 puntos. A distancia entre os puntos é dun centímetro.
4. Unimos o último punto marcado da semirrecta có final do segmento debuxado no paso 1.
5. Trazamos paralelas ao segmento debuxado no paso 4 polo puntos definidos na semirrecta auxiliar. Neste caso punto 5, 4, 3, 2 e 1.
6. Ditas paralelas dividen o segmento inicial en tantas partes como decidiramos no paso 3.
EXERCICIO PRÁCTICO :
Pablo vai camiñando o doble de rápido que Ana, pero os dous camiñan durante o mesmo tempo. Tes que empregar o teorema de Thales para obter o punto de encontro.
viernes, 5 de octubre de 2018
lunes, 17 de septiembre de 2018
Criterios de cualificación.
Criterios de cualificación
Actitudes
20%
|
10% Traer o
material de traballo a clase de forma habitual.
10% Facer
as tarefas propostas na clase, sen postergalas para facer na casa.
|
Conceptos e
procedementos
80%
|
40 %
Exercicios de aula. (nota aclaratoria *)
40% Probas
gráfico-plásticas.
|
Criterios de cualificación. 1º ESO
* O feito de non entregar os exercicios de aula na data
prefixada para o grupo, terá como consecuencia que a dito alumno/a teña que
realizar unha proba para avaliar a maiores. Dita proba se puntuará có
porcentaxe correspondente ao traballo que deixou de entregar. Os contidos de
dita proba terán relación directa có exercicio de aula que o alumno non teña
puntuado.
Setembro
Para preparar a proba de setembro o alumnado levará un
material facilitado polo profesor/a para obter os coñecementos e destrezas
necesarias para superar dita proba. Este material adicional poderá ser
empregado polo alumno durante o transcurso da mesma. A nota de setembro será a
nota do exame que se realice ese día. O redondeo non dependerá do número
enteiro máis próximo, se non da calidade do exercicios feitos polo alumno
durante o verán.
Escala do grao mínimo de consecución dos exercicios de
aula.
30%-
|
Traballo feito sen lograr os obxectivos principais do
mesmo.
|
40%-
|
Traballo feito de xeito incompleto ou sen lograr algún
dos obxectivos principais do mesmo.
|
50%
- 60%
|
Traballo feito de xeito correcto.
|
60%- 70%
|
Traballo feito satisfactoriamente.
|
80%-
|
Traballo destacable.
|
90%-100%
|
Traballo sobresaínte.
|
É moi importante que ao alumno se lle informe con
regularidade da súa evolución.
Material.
·
Carpeta ou arquivador onde gardar o material.
·
Escuadra, cartabón, transportador de ángulos e
regra.
·
Compás.
·
Goma, tesoiras e pegamento.
·
Lápices acuarelables, lapis 2B e HB.
·
Caderno A-5 e folios A-4 ou block de debuxo.
·
Material infográfico e fotocopias.
Durante o curso pode ser necesario adquirir algún tipo de
material adicional.
lunes, 10 de septiembre de 2018
martes, 4 de septiembre de 2018
Descripción dunha imaxe.
É un exercicio para facer en parellas.
DURACIÓN:
Unha sesión de 50 minutos.
MATERIAL:
Cada alumno/a necesita:
Un debuxo que soamente pode visualizar dito alumno.
Un papel tamaño A-4 ou A-5.
Algo có que debuxar, a gusto do alumno. Ex: rotulador, lapis, bolígrafo ...
PASOS:
- A cada parella de alumnos se lle asigna unha letra alumno A e alumno B. 5 minutos.
- Comeza describindo a súa imaxe o alumno A namentres B debuxa. A duración deste paso é de aproximadamente 10 a 15 minutos.
- O alumno B ten que modificar de xeito libre algo no resultado final do debuxo. Posteriormente debe describirllo ao seu compañeiro para que este o engada a ilustración inicial. 10 minutos.
- Finalmente comparamos ambos traballos e escribimos unha pequeno texto (individualmente) onde analizamos a similitudes e diferencias entre os dous debuxos. 20 minutos.
Variante:
- Sería interesante repetir o mesmo exercicio outro día variando os roles dous alumnos.
- Se algunha das parellas remata moi rápido o exercicio pode comezar realizar dita variante.

domingo, 17 de junio de 2018
jueves, 31 de mayo de 2018
Debuxo do natural. Encaixe e proporción.
Cando debuxamos directamente do natural é moi importante simplificar os elementos que imos a debuxar. Para iso empregamos liñas de encaixe, estas serven para determinar as proporcións das partes que forman parte da nosa obra e as posicións das mesmas dentro da composición final.
Pasos para encaixar ben un debuxo do natural.
Vídeo.
Pasos para encaixar ben un debuxo do natural.
Vídeo.
martes, 22 de mayo de 2018
Tarefa da tira cómica.
Lembra que na tarefa da tira cómica, tes que crear as seguintes viñetas:
- Un plano xeral.
- Unha viñeta coa técnica de claroescuro.
- Outra coa técnica da acuarela e cera.
- Noutra empregar o collage.
- Facer unha viñeta debuxando exclusivamente o contorno.
- Debuxar soamente a silueta.
- Plano americano con liñas cinéticas.
- Plano medio con un globo de diálogo.
- Plano enteiro cun globo de falar susurrando.
- Primeiro plano.
- Plano detalle con globo de pensamento.
- Plano detalle cunha onomatopeia.
Exemplos:
Análise descritivo dunha imaxe.
Analiza as seguintes imaxes empregando o seguinte guión:
As Pitas. Carmen Babiano
As Pitas. Carmen Babiano
A derradeira lección do mestre. Castelao.
- O autor deste cadro/fotografía... é
- As medidas da obra son ...
- A técnica empregada é ...
- O ano de realización ...
- É un exemplo do movemento artístico/ escola/ estilo ...
- O que aparece representado na imaxe é ...
- As cores predominantes son ... , as que contrastan son ... , pola contra harmonizan ...
- A forma compositiva da imaxe é ( cadrado cuxos vértices son ..., triángulo cuxos vértices ou lados coinciden, unha cruz cuxo centro é ... e os seus lados coinciden con ... )
- Os sentimentos e emocións que a dita obra me fai sentir son ...
jueves, 17 de mayo de 2018
A composición.
A composición nunha obra plástica ven definida pola forma que temos de colocar os elementos que compoñen dita obra, sexa esta unha fotografía, pintura, debuxo, collage, maqueta, escultura, etc
ex 1.
Exercicio:
Debuxa tres círculos, tres triángulos e 3 cuadriláteros.
Aplica cor a parte interior de ditas formas e recorta o seu contorno.
En grupos de 3 ordenade as pezas seguindo os seguintes criterios:
1) Por semellanza entre as cores.
2) Por semellanza entre as formas.
3) Por semellanza de tamaños.
4) Crea unha composición en forma de cruz.
5) Crea unha composición triangular.
6) Crea unha composición en forma de circunferencia.
7) Crea uha composición simétrica.
8) Crea unha composición similar as seguintes: 1, 2, 3.

martes, 8 de mayo de 2018
martes, 1 de mayo de 2018
miércoles, 25 de abril de 2018
Animacións.
Resume algunha das seguintes historias en 10 viñetas. Emprega diferentes tipos de planos, ángulos e técnicas artísticas.
jueves, 19 de abril de 2018
Técnicas artísticas. Técnica mixta, cera e acuarela.
Materiais:
Cera graxa ( tipo plastidecor ou manley)
Acuarelas.
Pincel.
Papel.
Consiste en facer un primeiro debuxo a cera, os resultados máis sorprendentes quedan empregando cera branca. A cera o ter graxa na súa composición actuará como "barniz protector " con propiedades impermeables que impedirá que a cor da acuarela se modifique os trazos da cera.
Exercicio:
Debuxa con cera unha versión do persoaxe ficticio que creaches coa técnica do collage, posteriormente crea un fondo abstracto ou figurativo con acuarela.
martes, 17 de abril de 2018
Técnicas artisticas. Claroscuro.
Tipos de sombras.
Exercicio:
Fai unha versión da seguinte obra feita mediante a técnica do claroscuro sustituíndo a zona iluminada por cor amarilla, a penumbra por verde, a sombra propia por azul e a proxectada por violeta.

Técnicas artísticas. Frottage.
Definición:
Técnica artística que consiste en reproducir a textura dunha superficie empregando un papel que colocamos en contacto coa mesma e un lápiz.
Exemplos.
miércoles, 11 de abril de 2018
Técnicas artistas. Colaxe. Art techniques. Collage.
Definición.
Exemplos.
Podemos clasificar os colaxes en dous tipos:
_ Cando os elementos que empregamos teñen a función de encher unha determinada superficie sen importar o seu significado. Exemplo. Os elementos recortados non teñen unha funcionalidade representativa.
_ Cando os elementos que adherimos a superficie cumpren unha función de representar. Creando así, unha nova imaxe ou obra composta dun conxunto doutras imaxes de orixe diversa, sen anular a súa función de remitir a algo concreto. Exemplo.
Exercicio:
1) En grupos de tres, tendes que formar un "zoolóxico" empregando a técnica do colaxe. Para iso tedes que recortar siluetas de diferentes animais que teredes que ubicar nun soporte.
Siluetas de animais.
2) Deseña un persnoaxe "extraterrestre" empregando a técnica do collage. Posteriormente fai unha descrición do personaxe creado. Neste exercicio é importante que os elementos que empregues non perdan a súa función representativa.
Exemplo

We can classify collages into two groups:
- In one case the meaning of the image that we use to cut and paste is not relevant. It has mainly a aesthetic function .Ex.
- In the other group, the meaning of the elements of images that we use are really significant. Ex.
Exercise:
1) Using a group of animal shapes as a resource ( 1) , cut out some shapes of your favorite animals. After that, paste them in a new paper an draw a place form them. These collages will be an example of a collage from the first group.
2) Design a "strange person" using a collage technique. Then write a description of your creation. This time the meaning of the images are really important. Ex.
martes, 6 de marzo de 2018
jueves, 1 de febrero de 2018
Contorno, dintorno e silueta.
Hai un erro nesta Imaxe, descubre cal é?
O contorno é a liña que delimita a parte do espazo que pertence o elemento que debuxamos e o exterior.
O dintorno, é a representación da parte interna do elemento representado. Contén todas as súas características de textura, cor, detalles interiores ....
A silueta é a superficie que ocupa o elemento representado, con iguais características de forma, pero carece de detalles interiores.
Exercicio:
1) Debuxa o contorno do teu xoguete favorito. Por exemplo: o cubo de Rubik.
2) Debuxa a silueta de algo que che gustaría moito compar ou saber utilizar. Por exemplo: unha guitarra.
3) Debuxa o dintorno dun elemento básico na túa vida. Por exemplo: unha botella de auga.

viernes, 5 de enero de 2018
Comunicación visual.
Primeiro de todo, que é a comunicación?
Que características ten a comunicación visual?
1) Elementos.
Emisor, crea a imaxe ( foto, debuxo, deseño, pintura...)
Mensaxe, información ou contido que transmiten a imaxe.
Receptor, o espectador que ve a imaxe e a interpreta.
Canle, soporte (pantalla, papel, lenzo).
Código, conxunto de significantes e significados relacionados que nos permitan entender a mensaxe.
Exercicio:
No seguinte esquema identifica cada un dos elementos do acto comunicativo.
2) Nivel de iconicidade.
É o grao de similitude ou semellanza da imaxe coa realidade ( tendo en conta a súa cor, forma, proporcións, área, ...)
Podemos clasificar as imaxes, tendo en conta o seu grao de iconicidade, do seguinte xeito:
- Imaxe realista. As cores, formas, proporcións da representación e a imaxe son moi similares. Ex: unha fotografía a cor.
- Imaxe simbólica. Interpretamos o que se representa na imaxe pero existen diferencias importantes en canto a utilización de cores, proporcións das formas... Ex: unha caricatura.
- Imaxe abstracta. O espectador non é capaz de referenciar a representación a un referente concreto da realidade. Ex: estampado xeométrico dun mantel.
Exercicio:
1) Clasifica as seguintes imaxes en realistas, simbólicas ou abstractas.
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7
2) Realiza a partir da seguinte fotografía unha representación realista, simbólica e abstracta da mesma.
Fotografía de Chema Madoz.
3) Símbolos e iconos.
Un icono garda sempre algunha similitude có elemento que representa. Ex: cámara de vixilancia.
Un símbolo é unha convención cultural mediante a cal lle otorgamos un significado concreto a unha imaxe. Ex: cruz verde para indicar que hai unha farmacia.
Exercicio.
1) Clasifica as seguintes imaxes en símbolos ou iconos.
1 2 3 4 5 6
2) Deseña un símbolo e un icono para indicar nun centro educativo onde está a clase da túa materia favorita.
Exemplo de iconos.
Exemplo de símbolos para a materia de bioloxía.
Outro exemplo de símbolos con formas máis abstractas.
4) Funcións da linguaxe visual.
Informativa.
Son imaxes que transmiten datos relevantes sobre a señalización de lugares, por exemplo a saída dun edificio, un paso de peatóns ... Tamén nos poden informar sobre as normas nun determida área, por exemplo as sinais de tráfico. Incluso a pertenza a un determinado colectivo como pode ser no caso dun logotipo dunha empresa ou institución.
Descriptiva.
Son imaxes onde se indican e se analizan elementos importantes do que aparece representado na imaxe. Ex: un debuxo anatómico ou un plano arquitectónico.
Exhortativa.
Neste grupo se clasifican principalmente as imaxes publicitarias. Onde se intenta convencer ao espectador de que consuma un determinado producto ou servicio.
Expresiva.
A principal finalidade deste tipo de imaxes é transmitir sentimentos e emocións. Ex: un cadro.
Decorativa.
Neste caso a súa principal función e crear unha determinada estética. Ex: un determinado estampado nunha prenda de roupa.
Exercicio:
Crea unha imaxe que cumpla unha das funcións citadas anteriormente . Posteriormente poremos en común as imaxes e os teus compañeiros terán que ser capaces de deducir a súa finalidade.
Deseña unha imaxe para poñer na porta da vosa aula para indicar que clase é.
Ex.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)